|
A Asociación para a Loita Contra as Enfermidades Renais, ALCER OURENSE, É unha entidade sen ánimo de lucro creada no ano 1976. Gracias a un grupo de pacientes renais que se propuxeron mellorar as condicións de vida de este colectivo, nunha época onde o acceso o tratamento de diálises estaba limitado o número moi reducido de pacientes e a posibilidade de recibir un transplante de ril eran moi escasas, debido entre outras causas, a vixencia de unha lei que regulaba esta materia moi obsoleta e a pouca concienciación existente así como o descoñecemento do proceso da doazón na sociedade española en xeral e en particular da galega.
Pouco a pouco, a asociación que nace nun principio cun ámbito nacional, foise estendendo a outras provincias, creándose distintas delegacións , aquí e cando nace ALCER OURENSE . Esto motivou a necesidade de crear una entidade que coordinara todos los esforzos, proxectos, reivindicacións e que servise de intercambio de opinións de tódalas asociacións. En 1981 naceu a Federación Nacional ALCER, que foi declarada de Utilidade Pública polo Consello de Ministros en el año 1984.
ALCER - Ourense é unha Asociación de carácter social e sen ánimo de lucro que ten como finalidade xeral, contribuír a axuda moral e física de todas aquelas persoas afectadas de enfermidades renais; así como a prevención e a loita contra as enfermidades do ril mediante o desenvolvemento de tódalas actividades necesarias para acadalo.
A Asociación está composta por enfermos renais crónicos en tratamento de diálise, transplantados do ril, así como persoas sensibilizadas con este tipo de enfermidade e a súa problemática. O número actual de socios é de 134 membros, dos cales 75 son socios numerarios (enfermos de ril) e 59 socios colaboradores.
|