(02/06/2011)
Este ano ALCER OURENSE celebra Día Nacional do Doador, o vindeiro 2 de xuño,situando unha carpa na rúa do Paseo de Ournese un día xa especial de por si, é un momento de celebración para todos e todas as que formamos parte de ALCER
Con este día ALCER OURENSE, pretende dar unha sentida homenaxe a tódalas persoas que realizando un dos maiores actos de altruísmo e solidariedade como é decidir ser doante, manteñen así a esperanza de unha segunda oportunidade para moitas outras.
O obxectivo da Celebración do Día Nacional do Doador, é o de amosar a sociedade en xeral é en especial a Ourensá a transparencia que conleva o proceso do transplante e a importancia da mesma como fonte de vida.
Dende ALCER repartiremos información sobre o proceso de doazón e xestionaranse carnés de doador que logo serán enviados a OCT, tamén servirá para dar a coñecer a asociación.
Repartiremos camisetas a todos os que desexen ter información ou realicen o carné de doador
|