Novas Noticias    Español    Galego         
 
 
 
  Que ofrecemos
  Visitas e acompañamento en diálises
  Atención e Apoio social
  Actividades de concienciación e sensibilización
  Actividades informativas no recinto feiral de expórense
  Charlas en colexios da provincia ourense
  Día do doador 2008
  Día mundial do ril
  Bailes de salón
Que ofrecemos

A Enfermidade Renal Crónica representa un dos principais problemas de saúde do século XXI, tanto pola súa elevada prevaleza como pola súa importante incidencia cardiovascular; cos custes sociais e económicos que esto implica.

UN DE CADA DEZ ADULTOS ten algunha enfermidade renal. Esta enfermidade medra alentada por factores relacionados co modo de vida actual; non presenta síntomas, pero pódese detectar facilmente e previr as súas serias consecuencias. Debido a multiplicidade de factores que interveñen nesta enfermidade que abarca a todas as idades dende nenos ate persoas xa de mais avanzada idade ,  a problemática plantexada e as necesidades detectadas tanto sociais como económicas ou psicolóxicas son moi variadas.

A necesidade de contar con profesionais que sexan capaces de abordar as necesidades reais, fora dos aspectos sanitario, fai necesario o desenvolvemento dentro da asociación do servicio de apoio psicosocial e social.

Obra social caixa galicia Complexo hospitalario de Ourense Expourense Fundación renal
Xunta de Galicia Delegación provincial de Sanidade Deputación de Ourense Concello de Ourense Caixanova