CASTELLANO
O Carballiño ha sido el escenario del Encuentro de Personas con Enfermedad Renal de Galicia, celebrado del 19 al 21 de junio, en el que han participado 29 personas procedentes de distintos puntos de la comunidad en una iniciativa organizada por ALCER Galicia orientada a fomentar la convivencia, el intercambio de experiencias y el apoyo mutuo entre personas con enfermedad renal y sus familias.
A lo largo de tres jornadas, las personas asistentes han disfrutado de un programa de actividades culturales, turísticas y de ocio adaptadas a sus necesidades. Entre los momentos más destacados han figurado la visita al Pazo de Liñares (Lalín) y la jornada en la Ribeira Sacra, que ha incluido el recorrido por el Monasterio de San Pedro de Rocas, la visita a varios miradores emblemáticos de la zona y un crucero guiado por el cañón del río Sil, una de las experiencias más valoradas del encuentro.
El programa ha concluido con actividades en el entorno natural de O Carballiño, entre ellas una visita a la piscifactoría de truchas del municipio, poniendo el broche final a un fin de semana que ha favorecido la convivencia, el bienestar emocional y el fortalecimiento de la comunidad renal gallega.

GALLEGO
O Carballiño foi o escenario do Encontro de Persoas con Enfermidade Renal de Galicia, celebrado do 19 ao 21 de xuño, no que participaron 29 persoas procedentes de distintos puntos da comunidade nunha iniciativa organizada por ALCER Galicia orientada a fomentar a convivencia, o intercambio de experiencias e o apoio mutuo entre persoas con enfermidade renal e as súas familias.
Ao longo de tres xornadas, as persoas asistentes gozaron dun programa de actividades culturais, turísticas e de lecer adaptadas ás súas necesidades. Entre os momentos máis destacados figuraron a visita ao Pazo de Liñares (Lalín) e a xornada na Ribeira Sacra, que incluíu o percorrido polo Mosteiro de San Pedro de Rocas, a visita a varios dos miradoiros máis emblemáticos da zona e un cruceiro guiado polo canón do río Sil, unha das experiencias máis valoradas do encontro.
O programa completouse con actividades no contorno natural do Carballiño, entre elas unha visita á piscifactoría de troitas do municipio, poñendo o broche final a unha fin de semana que favoreceu a convivencia, o benestar emocional e o fortalecemento da comunidade renal galega.
