CASTELLANO

El pasado viernes 25 de septiembre de 2026, se celebró en el Paraninfo del Instituto Otero Pedrayo de Ourense el acto conmemorativo por el 50 aniversario del Servicio de Nefrología del Hospital Universitario de Ourense, organizado por el Servicio Gallego de Salud (SERGAS).

La cita contó con una destacada representación de ALCER Ourense y con la participación de su presidente, Miguel Quintas, quien intervino en el acto para poner en valor la historia y la trayectoria de la entidad y su papel a lo largo de estas décadas en el apoyo y acompañamiento a las personas con enfermedad renal. En su intervención, Miguel Quintas repasó la evolución de ALCER Ourense y su vinculación con la atención a las personas con enfermedad renal en la provincia, en una jornada dedicada también a recordar los principales hitos de los 50 años de historia de la Nefrología en Ourense.

La representación de ALCER Ourense se completó con la presencia de las integrantes de la Junta Directiva Rosa Blanco y Ángela Rodríguez, así como de las trabajadoras sociales Carmen Dorado y Ana Salgado.

El programa incluyó también las intervenciones de la Dra. Cristina Pérez Melón, jefa del Servicio de Nefrología del Hospital Universitario de Ourense; Josefina Vázquez, exsupervisora de Enfermería; y el Dr. Alfonso Otero, exjefe del Servicio de Nefrología. Durante el acto se proyectó un vídeo documental con la participación de figuras vinculadas a la historia de la sanidad ourensana y, como cierre de la jornada, se celebró un cóctel en el claustro del instituto.

GALEGO

O pasado venres 25 de setembro de 2026, celebrouse no Paraninfo do Instituto Otero Pedrayo de Ourense o acto conmemorativo polo 50 aniversario do Servizo de Nefroloxía do Hospital Universitario de Ourense, organizado polo Servizo Galego de Saúde (SERGAS).

A cita contou cunha destacada representación de ALCER Ourense e coa participación do seu presidente, Miguel Quintas, quen interveu no acto para poñer en valor a historia e a traxectoria da entidade e o seu papel ao longo destas décadas no apoio e acompañamento ás persoas con enfermidade renal. Na súa intervención, Miguel Quintas repasou a evolución de ALCER Ourense e a súa vinculación coa atención ás persoas con enfermidade renal na provincia, nunha xornada dedicada tamén a lembrar os principais fitos dos 50 anos de historia da Nefroloxía en Ourense.

A representación de ALCER Ourense completouse coa presenza das integrantes da Xunta Directiva Rosa Blanco e Ángela Rodríguez, así como das traballadoras sociais Carmen Dorado e Ana Salgado.

O programa incluíu tamén as intervencións da Dra. Cristina Pérez Melón, xefa do Servizo de Nefroloxía do Hospital Universitario de Ourense; Josefina Vázquez, ex-supervisora de Enfermaría; e o Dr. Alfonso Otero, ex-xefe do Servizo de Nefroloxía. Durante o acto proxectouse un vídeo documental coa participación de figuras vinculadas á historia da sanidade ourensá e, como peche da xornada, celebrouse un cóctel no claustro do instituto.