DivertiALCER 2026 – ALCER Ourense

1. Entidade organizadora

A Asociación para a Loita Contra as Enfermidades do Ril de Ourense (ALCER Ourense) organiza un sorteo de agasallos no marco da festa DivertiALCER 2026, que se celebrará o sábado 21 de novembro de 2026, no Pazo dos Deportes Paco Paz, en Ourense.

2. Participación no sorteo

A cada entrada adquirida para DivertiALCER entregaráselle un número para participar no sorteo de agasallos.

A participación implica a aceptación destas bases.

3. Celebración do sorteo

O sorteo realizarase durante a celebración da festa DivertiALCER, o sábado 21 de novembro de 2026, ás 19h aproximadamente.

As persoas gañadoras que estean presentes no momento do sorteo recibirán o seu agasallo nese mesmo momento, sempre que sexa posible, mediante a presentación do número gañador.

4. Publicación dos números premiados

Os números premiados publicaranse nas canles oficiais de ALCER Ourense (redes sociais e web):

  • Facebook: https://www.facebook.com/asociacion.alcer.ourense
  • X: https://x.com/AlcerOurense
  • Instagram: https://www.instagram.com/alcerourense/
  • https://www.alcerourense.com/

Recoméndase conservar a entrada ou o número entregado para poder comprobar o resultado e reclamar o premio, se corresponde.

5. Reclamación dos agasallos

As persoas premiadas que non estean presentes no momento do sorteo poderán reclamar o seu agasallo durante os 10 días laborables seguintes á publicación dos resultados, ata as 14 horas do último día do prazo.

Para reclamar o premio, deberán contactar con ALCER Ourense a través do correo electrónico alcerourense@hotmail.com ou nos teléfonos 988 229 615 / 663 780 330 e acreditar que están en posesión do número premiado.

Unha vez verificada a correspondencia do número, ALCER Ourense indicará á persoa gañadora como e onde poderá recoller o agasallo. A recollida deberá acordarse coa entidade dentro dun prazo razoable.

6. Premios non reclamados

Os agasallos que non sexan reclamados dentro do prazo establecido consideraranse non reclamados.

7. Aceptación das bases

A participación no sorteo supón a aceptación das presentes bases. ALCER Ourense resolverá as cuestións organizativas que poidan xurdir durante o desenvolvemento do sorteo, respectando en todo momento as condicións aquí establecidas.

8. Información

Para calquera consulta relacionada co sorteo, as persoas participantes poderán contactar con ALCER Ourense a través das canles habituais da entidade.

ALCER Ourense agradece a colaboración das empresas e persoas que achegan os agasallos e fan posible esta iniciativa solidaria.

Grazas ás empresas e entidades colaboradoras por achegar os agasallos e facer posible este sorteo do DivertALCER: