CASTELLANO

Os días 30 y 31 de mayo, hemos participado en la XIV Feria de la Salud organizada por la Concellería de Sanidade del Ourense. Como actividad, hemos realizado toma de tensión arterial y peso a todas aquellas personas interesadas en conocer su estado de salud. Además, de por supuesto, dar información sobre esta enfermedad silenciosa y sobre las actividades y servicios que ofrece ALCER Ourense.

A la carpa, han asistido miembros de la Junta Directiva, la trabajadora social y voluntarios de la asociación.

En total, han sido 262 personas las que se han acercado hasta a carpa para tomarse la tensión arterial y su peso.

Por género, se han atendido a 155 mujeres y a 107 hombres.

La edad media, un poco más baja que el año anterior, se ha situado en los 63 años, teniendo la persona más joven 7 años y la mayor 90 años.

En general se han observado menos tensiones altas que otros años. Dándose valores superiores a 140/90, sobre todo en la población de más edad, y en los valores de máximo, no tanto en los valores de mínimos. Por lo que a dichos usuarios se les ha recomendado visitar a su médico de cabecera para descartar una posible IRC y ayudalos a prevenir la enfermedad renal. Por otro lado, hemos encontrado varias personas que, siendo hipertensas, no tomaba la medicación recetada por el facultativo por lo que tenían la tensión alta cuando se la hemos tomado; a estas personas las instamos a seguir su tratamiento.

En relación al peso de las personas que han venido a nuestro stand, notamos una tendencia al sobrepeso en ambos sexos.

En el día 31 de mayo, a las 13h30 también hemos hecho un parón en la medición con motivo del Día Mundial de la Esclerosis Múltiple, para participar en una cadena humana organizada por AODEM con a lectura de un decálogo de reivindicaciones.

 

GALEGO

Os días 30 e 31 de maio, participamos na XIV Feira da Saúde organizada pola Concellería de Sanidade de Ourense. Como actividade, realizamos toma de tensión arterial e peso a todas aquelas persoas interesadas en coñecer o seu estado de saúde. Ademais, de por suposto, dar información sobre esta enfermidade silenciosa e sobre as actividades e servizos que ofrece ALCER Ourense.

Á carpa asistiron membros da Xunta Directiva, a traballadora social e voluntarios da asociación.

En total, foron 262 persoas as que se achegaron ata a carpa para tomarse a tensión arterial e o seu peso.

Por xénero, atendéronse a 155 mulleres e a 107 homes.

A idade media, un pouco máis baixa que o ano anterior, situouse nos 63 anos, tendo a persoa máis xoven 7 anos e a maior 90 anos.

En xeral observáronse menos tensións altas que outros anos. Dándose valores superiores a 140/90, sobre todo na poboación de máis idade, e nos valores de máximo, non tanto nos valores de mínimos. Polo que ós devanditos usuarios se lles recomendou visitar o seu médico de cabeceira para descartar unha posible IRC e axudalos a preir a enfermidade renal. Por outro lado, atopamos varias persoas que, sendo hipertensas, non tomaba a medicación recetada polo facultativo polo que tiñan a tensión alta cando se lles tomou; a estas persoas instámolas a seguir o seu tratamento.

En relación ó peso das persoas que viñeron ó noso stand, notamos unha tendencia ó sobrepeso en ambos sexos.

No día 31 de maio, ás 13h30 tamén fixemos un parón na medición con motivo do Día Mundial da Esclerose Múltiple, para participar nunha cadea humana organizada por AODEM coa lectura dun decálogo de reivindicacións.